Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2022

Que é unha Regueifa?

Imaxe
A Regueifa é unha cantiga improvisada entre dúas ou máis persoas que seguen un mesmo cantar ou son durante o tempo que dura unha disputa sobre un tema determinado. Ademais, ten a característica de que cada regueifeiro canta unha estrofa de catro versos octosílabos nos que riman os pares e quedan libres os impares (de maneira que formalmente coincide coa copla popular). Pode verse certo parecido coa tenzón medieval, na que tamén había unha disputa entre dous trobadores sobre un tema determinado, mais a regueifa foi e é máis popular. https://gl.wikipedia.org/wiki/Regueifa_(canto) A contorna de Bergondo foi o marco escollido polo alumnado do CPI Cruz de Sar para interpretar esta regueifa inspirada no seu Concello. No blog Anxopictogramas atoparedes esta peza e súa correspondente versión con pictogramas para que a poida comprender o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo ou que emprega sistemas alternativos de comunicación. Fonte do recurso

Ecofeminismo!

Imaxe
  Científicas destacadas, activistas de distintas nacionalidades, incluída a estudante Greta Thunberg, todas loitan pola supervivencia e sustentabilidade do planeta, tamén dende unha perspectiva de xénero. Así nolo reflicten as alumnas de Antropoloxía de 1.º de BAC do IES Porto do Son nesta ilustrativa presentación. https://etikeles.wordpress.com/2019/03/12/ecofeminismo/ Ecofeminismo

Arranca en Santiago a V edición do festival de poesía ‘Alguén que respira!’ co apoio da Xunta

Imaxe
  Esta cita, impulsada en colaboración co Concello de Santiago, ábrese o venres coa participación de Miren Agur Meabe, Ana Romaní, María Cabrera e Antonio Barahona   As entradas serán gratuítas poderán reservarse desde este venres e o programa completo da iniciativa poderá consultarse no Portal da Lingua Galega   Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2022.-  O festival de poesía Alguén que respira!, arranca este venres 18 a súa quinta edición co apoio da Xunta e recuperando o modelo de catro xornadas consecutivas dos seus inicios. Baixo o lema Corpos, disidencias, desexo, reunirá no Teatro Principal de Santiago a destacadas personalidades da poesía contemporánea. Así o anunciaron hoxe en rolda de prensa o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a concelleira de Acción Cultural do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, acompañados do escritor Antón Lopo, encargado da dirección do festival. Máis información.

Netflix incorporará preto de 70 títulos en galego ao longo do ano coa colaboración da Xunta

Imaxe
  A compañía estadounidense impulsa a presenza da lingua galega na plataforma de streaming mediante o subtitulado e a dobraxe dunha selección de títulos Os subscritores de 190 países do mundo poderán acceder a series e películas en galego como ‘Emiliy en París’, ‘The Mother’, ‘Garra’, ‘Sandman’ ou ‘Pinocho’, entre outras Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2022.-  A plataforma de entretemento Netflix dá un paso máis para impulsar a presenza da lingua galega no seu servizo mediante o subtitulado dunha selección de series e películas internacionais e a dobraxe de varios títulos infantís e familiares. Esta iniciativa é posible despois de varias conversas que o Goberno galego mantivo cos representantes da compañía estadounidense en España na procura do obxectivo común de levar a lingua galega ata o mundo da televisión á carta. Máis información.