Que é unha Regueifa?



A Regueifa é unha cantiga improvisada entre dúas ou máis persoas que seguen un mesmo cantar ou son durante o tempo que dura unha disputa sobre un tema determinado. Ademais, ten a característica de que cada regueifeiro canta unha estrofa de catro versos octosílabos nos que riman os pares e quedan libres os impares (de maneira que formalmente coincide coa copla popular). Pode verse certo parecido coa tenzón medieval, na que tamén había unha disputa entre dous trobadores sobre un tema determinado, mais a regueifa foi e é máis popular.


A contorna de Bergondo foi o marco escollido polo alumnado do CPI Cruz de Sar para interpretar esta regueifa inspirada no seu Concello. No blog Anxopictogramas atoparedes esta peza e súa correspondente versión con pictogramas para que a poida comprender o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo ou que emprega sistemas alternativos de comunicación.

Fonte do recurso





Comentarios