Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2022

A Xunta promove os recursos naturais e a lingua no II concurso de curtas senda litoral de Galicia

Imaxe
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participa  na entrega de premios que tivo lugar en Cans, Porriño, no marco do Festival de Cans Nesta edición participaron 14 centros educativos de toda a comunidade co obxectivo de por en valor as paisaxes, a natureza, as lendas e a gastronomía dos territorios polos que pasa a senda O concurso de curtas organizase dentro das accións de promoción e difusión da Senda Litoral de Galicia e contou coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Secretaría Xeral de Educación e a Fundación Galicia Sustentable. Máis información.

Concurso-exposición das Letras Galegas 2022

Imaxe
  O colexio Virxe do Camiño de Rubiá álzase co premio do concurso-exposición das Letras Galegas 2022 O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, fai entrega do galardón na modalidade de Infantil e Primaria A proposta gañadora ‘Florencio Delgado Gurriarán, poeta do agro’ destaca pola súa orixinalidade, a calidade estética e artística e a idoneidade das diversas técnicas e materiais empregados Valentín García tamén se trasladou ao IES Cosme López, da Rúa, para presentar a exposición sobre ou autor homenaxeado no 17 de maio dirixida a centros de Educación Secundaria, FP e outras ensinanzas Ambos os proxectos permiten realizar un percorrido polos momentos máis significativos da biografía e pola obra e a época do autor de Valdeorras. Máis información.

Certame escolar Olloboi 2022

Imaxe
Certame escolar Olloboi 2022, concurso destinado ao profesorado e alumnado de todas as etapas educativas dos centros de ensino galegos. A temática das videocreacións é libre e a duración debe ser, preferiblemente, inferior a 20 minutos. O prazo para presentar as curtas remata o 24 de maio. https://www.olloboi.com/olloboi-2022/

Concurso de Booktrailers

Imaxe
Un curso máis o IES Pontepedriña de Santiago de Compostela convoca o seu Concurso de Booktrailers, un certame organizado polo EDLG deste instituto compostelán, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, para promover a lectura e a creación audiovisual en galego entre o alumnado de 12 a 18 anos. Máis información.

Convocatoria do IV Certame de Podcasts en Galego Xosé Mosquera Pérez «O vello dos contos»

Imaxe
Convócase o IV Certame de Podcasts en Galego Xosé Mosquera Pérez, o Vello dos Contos, organizado, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, Arraianos Producións e o colectivo Ponte ... nas Ondas! Máis info.

A Xunta e Galaxia inauguran a exposición ao redor das Letras Galegas ‘Florencio Delgado Gurriarán. Bebedeira de ensoños’

Imaxe
O secretario xeral de Cultura e o secretario xeral de Política Lingüística participan na apertura da mostra enmarcada na programación da efeméride. Percorre a vida e a obra do autor e comeza a súa itinerancia no Barco de Valdeorras para continuar despois de Ourense e Santiago de Compostela. O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asisten  á inauguración da exposición Florencio Delgado Gurriarán. Bebedeira de ensoños no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras. Máis información.

Letras Galegas 2022: Florencio Manuel Delgado Gurriarán

Imaxe
Extraordinario e completísimo material do Seminario Galán que, un ano máis, supera as expectativas que o profesorado galego ten depositadas neste grupo de traballo. Alén da cronobiografía ou do álbum de fotos de Florencio M. Delgado Gurriarán e das actividades axeitadas tamén para imprimir en papel (carteis, unidades didácticas, escolma de textos, cuestionario de preguntas, díptico, etc.), tamén nos ofrece actividades interactivas en liña (roscos de palabras, geniallys...), un vídeo sobre o escritor valdeorrés e ata unha fermosa canción orixinal inspirada no poema "A pandeirada". Máis información.   1 , 2 , 3 , 4 , 5 ,  etc.