Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Florencio Delgado Gurriarán

A Xunta e Galaxia inauguran a exposición ao redor das Letras Galegas ‘Florencio Delgado Gurriarán. Bebedeira de ensoños’

Imaxe
O secretario xeral de Cultura e o secretario xeral de Política Lingüística participan na apertura da mostra enmarcada na programación da efeméride. Percorre a vida e a obra do autor e comeza a súa itinerancia no Barco de Valdeorras para continuar despois de Ourense e Santiago de Compostela. O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asisten  á inauguración da exposición Florencio Delgado Gurriarán. Bebedeira de ensoños no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras. Máis información.

Letras Galegas 2022: Florencio Manuel Delgado Gurriarán

Imaxe
Extraordinario e completísimo material do Seminario Galán que, un ano máis, supera as expectativas que o profesorado galego ten depositadas neste grupo de traballo. Alén da cronobiografía ou do álbum de fotos de Florencio M. Delgado Gurriarán e das actividades axeitadas tamén para imprimir en papel (carteis, unidades didácticas, escolma de textos, cuestionario de preguntas, díptico, etc.), tamén nos ofrece actividades interactivas en liña (roscos de palabras, geniallys...), un vídeo sobre o escritor valdeorrés e ata unha fermosa canción orixinal inspirada no poema "A pandeirada". Máis información.   1 , 2 , 3 , 4 , 5 ,  etc.

‘FalaRedes 2022’ e Florencio Delgado Gurriarán

Imaxe
  ‘FalaRedes 2022’ abre cunha homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán O secretario xeral de Política Lingüística presenta a undécima edición do programa de dinamización da lingua galega En total desenvolveranse máis de 40 sesións de oito actividades variadas pensadas para o ocio de toda a familia en entidades adscritas á Rede de Dinamización Lingüística Máis información.