Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2021

Abril literario 📕📖📗📘📙📚

Imaxe
Prezad@s alumn@s: Neste mes de abril, no que se celebra o día Mundial do Libro , queremos facervos un par de propostas literarias : unha interna, breve e simple e outra externa, máis desfiante e complexa. 1ª/ o EDLG convídavos a participar na actividade conxunta "A Miña Avoa Sempre Dicía…"  na que, coa colaboración do alumnado e da comunidade educativa en xeral, realizaremos unha escolma de refráns e expresións moi habituais na nosa cultura . No seguinte taboleiro de Padlet,  cadaquén poderá pendurar a súa achega e ler as dos demais.  Amáis, pódese complementar co engadido (por parte do profesorado ou do alumnado) do equivalente en cada lingua de estudo da EOI, usade os comentarios das entradas.   Só tes que pinchar no botón rosa (+) e abrirase un cadro onde deixar a tua aportación, podes acompañala dunha imaxe ou dun recurso audiovisual baixado de Internet ou do teu banco persoal... se nunca o usaches o Padlet : fedella ! é moi intuitivo. Non esquezades deixar un NOME+

8 de marzo = Día da muller

Imaxe
   8 de marzo, Dia Internacional da Muller Traballadora . Un día importante para as mulleres a nivel internacional. O día no que se materializa ó movemento feminista. A historia que emana desta conmemoración é complexa e acolle moitos acontecementos clave do feminismo. O conto comeza a principios do século pasado, a ambos lados do Atlántico, durante o último terzo da segunda onda do feminismo (mediados s. XIX ata o final da 2ª GM). As mulleres reivindican os seus dereitos laborais, civís e académicos, así como os sindicais e políticos, o dereito ao voto e á administración dos seus propios bens; maniféstanse, convócanse en folga e reúnense en conferencias nacionais e internacionais; loitan de forma conxunta dende diferentes ámbitos e prácticas. Varias datas son destacables destas primeiras décadas do s. XX. Entre elas está o 8 de marzo de 1908 cando miles de traballadoras téxtiles saíron ás rúas de NY baixo o lema “pan e rosas” (rememorando as proclamas de 1857, que foron