8 de marzo = Día da muller

  

8 de marzo, Dia Internacional da Muller Traballadora. Un día importante para as mulleres a nivel internacional. O día no que se materializa ó movemento feminista. A historia que emana desta conmemoración é complexa e acolle moitos acontecementos clave do feminismo. O conto comeza a principios do século pasado, a ambos lados do Atlántico, durante o último terzo da segunda onda do feminismo (mediados s. XIX ata o final da 2ª GM). As mulleres reivindican os seus dereitos laborais, civís e académicos, así como os sindicais e políticos, o dereito ao voto e á administración dos seus propios bens; maniféstanse, convócanse en folga e reúnense en conferencias nacionais e internacionais; loitan de forma conxunta dende diferentes ámbitos e prácticas.

Varias datas son destacables destas primeiras décadas do s. XX. Entre elas está o 8 de marzo de 1908 cando miles de traballadoras téxtiles saíron ás rúas de NY baixo o lema “pan e rosas” (rememorando as proclamas de 1857, que foron recuperadas tamén durante a Revolución Rusa de 1917), para reclamar tanto a seguridade laboral e sindical como a calidade de vida. Dous anos máis tarde ten lugar a II Conferencia Internacional das Mulleres Socialistas en Copenhague (26 e 27 de agosto de 1910); nesta proclámase, a proposta de Clara Eissner Zetkin, por unanimidade o Dia Internacional da Muller Traballadora, para reivindicar a loita polos dereitos das mulleres. O 25 de marzo de 1911, poucos días despois do DIMT celebrado ese ano o 19 de marzo, ten lugar un dos acontecementos máis sinalados do século. Incéndiase en NY unha fábrica de nome Triangle Shirtwaist, na que morren máis de 140 mulleres, moitas delas inmigrantes, de entre 14 e 40 anos. Varias cousas despréndense deste suceso, por unha beira a creación do International Ladies Garment Workers Union, sindicato que loitaría por mellorar as paupérrimas condicións laborais e sociais deses tempos; e por outra beira a cor morada como símbolo feminista. Contan algunhas voces que as telas que esas mulleres cosían eran desa cor, que se tomou para representar ao movemento, e por tanto, tamén ao DIMT. Xa que, ademais, tamén a compartían as compañeiras do sufraxismo inglés e posteriormente as mulleres socialistas de finais de século; tamén actualmente relacionamos a loita feminista á cor morada, e ao 8M.

A ONU declarou décadas despois, en 1975, o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora. Dous anos despois, durante a súa trixésima segunda sesión, cambiouse a nomenclatura a Día Internacional da Muller traballadora e a Paz Internacional.

Podemos dicir que, o 8 de marzo, é un día para conmemorar o movemento feminista e os logros das mulleres de maneira colectiva, pero tamén para recordar a situación de opresión que vivimos, así como as derivadas discriminacións e desigualdades as que estamos intrinsecamente ligadas as mulleres polo feito de nacer como tal, polo noso sexo.

Velaquí algunhas mulleres precursoras do feminismo español

 
 

@s alumn@s de PDC do IES Frei Martín Sarmiento fixeron esta presentación sobre as mulleres máis destacadas, ao seu xuicio, da nosa terra.

Mulleres galegas from ies frei martin sarmiento on Vimeo.



ECOFEMINISMO PARA O DECRECENTISMO QUE VÉN

    por Teresa Moure

(...) fronte a un feminismo institucional que actúa intentando coar mulleres no status quo, o ecofeminismo conserva o alento subversivo de pretender rebentar o sistema enteiro e eliminar os privilexios de xénero, que é o auténtico obxectivo dos movementos sociais de base (...)

clicca aqui para acceder ó artigo

 

As alumnas de Antropoloxía de 1º de Bac do IES de Porto do Son, elaboraron un traballo de investigación no que descubriron que o activismo por un mundo máis sostible está ateigado de mulleres que consideran que o movemento ecoloxista non se entende se non é feminista: de aí xorde o ecofeminismo. Atoparon moitas mulleres que loitan pola protección do medio ambiente dende unha perspectiva de xénero e seleccionaron a dez de diferentes zonas do planeta. Dende Centroamérica, África, Europa ou Asia todas claman o mesmo: somos responsables do mundo que lle deixamos aos nosos fillos, ás nosas fillas.

Premede na imaxe para ver a presentación que fixeron a partir das súas investigacións. Coñecer para mudar, para transformar e exercer os nosos dereitos!


 Agardo que vos gustara, deixade os vosos comentarios!

Comentarios