Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2022

‘FalaRedes 2022’ e Florencio Delgado Gurriarán

Imaxe
  ‘FalaRedes 2022’ abre cunha homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán O secretario xeral de Política Lingüística presenta a undécima edición do programa de dinamización da lingua galega En total desenvolveranse máis de 40 sesións de oito actividades variadas pensadas para o ocio de toda a familia en entidades adscritas á Rede de Dinamización Lingüística Máis información.

A Xunta e Renfe colaboran na homenaxe a Florencio Delgado co gallo do Día das Letras Galegas

Imaxe
Os trens de Servicio Público de Galicia destacarán nos repousacabezas a imaxe do autor valdeorrés. O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román González, e o presidente de Renfe, Isaías Táboas, asinan en Santiago de Compostela un acordo de colaboración para homenaxear a Florencio Delgado Gurriarán, autor ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. Máis información.

A Xunta ofrece un novo obradoiro gratuíto sobre a creación de personaxes de ficción para conmemorar o Día do Libro

Imaxe
A través da análise de textos da literatura galega, un total de 15 participantes coñecerán as ferramentas para mellorar a súa destreza da man do escritor Javier Peña O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participa na presentación do Obradoiro de creación de personaxes que ofrecerá a Xunta de Galicia co gallo do Día do Libro. Máis información.

Axudas para promover o uso da lingua galega no ámbito local

Imaxe
  A Xunta abre a nova convocatoria das axudas para promover o uso da lingua galega no ámbito local. Destínanse 350.000 € para apoiar a creación, reforzar e manter os servizos lingüísticos, así como as programacións municipais de dinamización Búscase fomentar o galego no deporte, na mocidade, no tecido empresarial e nos servizos sociais, entre outros Os concellos poden solicitalas ata o 2 de maio. Máis información.

TeCe Redes en galego para a mocidade

Imaxe
  A Xunta convoca a primeira edición do novo fondo de proxectos culturais ‘Tece redes en galego’ O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presenta esta nova iniciativa, dotada con 500.000€ ,que amplía as iniciativas dos últimos anos As persoas e entidades interesadas poderán presentar as súas solicitudes entre os días 9 e 25 de abril a través da Sede Electrónica do Goberno autonómico. Máis información. TeCe Redes en Galego

Solidariedade con Ucrania

Imaxe
Galicia expresou a súa solidariedade co pobo ucraíno tras os primeiros ataques iniciados por Rusia. As institucións públicas, os partidos políticos e diferentes personalidades condenaron os ataques ruso e deron todo o seu apoio a Ucraína.  A Xunta, a través do seu vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, que presidiu o Consello da Xunta pola ausencia do titular, Alberto Núñez Feijóo, iniciou a súa rolda de prensa tras a xunta autonómica cunhas palabras nas que ten expresou o seu apoio á posición mantida por España e a UE ante o conflito de Ucraína. Antes da comparecencia en prensa protagonizada por Rueda, o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, publicou na súa conta de Twitter unha mensaxe na que manifestaba a súa solidariedade con Ucraína.   "O futuro de Europa e do mundo é preocupante. Toda a solidariedade co pobo ucraíno e todo o apoio á Unión Europea na defensa do legado de democracia e paz que queremos deixar aos nosos fillos", dixo o presidente galego no seu perfil

Concurso de Fotografía Galega

Imaxe
 Concurso de Fotografía Galega Neste mes de abril, anímase ao alumnado e profesorado a participar nun concurso de fotografía coa temática galega .  Os participantes terán que presentar dúas fotografías que representen a nosa cultura galega, ademais haberá que acompañalas dalgunha palabra galega e unha ilustración que exemplifique as nosas tradicións e costumes de Galiza.  Fervenza Haberá premios para as tres mellores fotografías.  Prazo:  06/05/22 Envía as túas fotos a: edlgribadeo@gmail.com Organiza: EDLG da EOI de Ribadeo

Presentación do libro Pedagoxía hospitalaria, María Elena Sobrino

Imaxe
  María Elena Sobrino Fernández ,  Doctora en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente desempeña a súa labor na Aula Hospitalaria do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela. Máis información.