Solidariedade con Ucrania

Galicia expresou a súa solidariedade co pobo ucraíno tras os primeiros ataques iniciados por Rusia. As institucións públicas, os partidos políticos e diferentes personalidades condenaron os ataques ruso e deron todo o seu apoio a Ucraína. 

A Xunta, a través do seu vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, que presidiu o Consello da Xunta pola ausencia do titular, Alberto Núñez Feijóo, iniciou a súa rolda de prensa tras a xunta autonómica cunhas palabras nas que ten expresou o seu apoio á posición mantida por España e a UE ante o conflito de Ucraína. Antes da comparecencia en prensa protagonizada por Rueda, o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, publicou na súa conta de Twitter unha mensaxe na que manifestaba a súa solidariedade con Ucraína. 

 "O futuro de Europa e do mundo é preocupante. Toda a solidariedade co pobo ucraíno e todo o apoio á Unión Europea na defensa do legado de democracia e paz que queremos deixar aos nosos fillos", dixo o presidente galego no seu perfil desde ' Twitter'.



Recursos lingüísticos 








Comentarios