Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2020

25 de Novembro: día contra a violencia de xénero

 Seguro que xa estades ó tanto de que hoxe conmemórase o día contra a violencia de xénero e, como tal, moit@s compañeir@s realizan actividades nos propio centros co seu alumnado.  Velaiquí unha escolma dalgunha das propostas con esta temática... Qué ben traballan @s nos@s rapazas e rapaces, espero que vos gusten tanto coma a min!  Nesta interesante presentación de Victoria Santos Bernárdez, alumna de 2º de bacharelato do IES Francisco Aguiar de Betanzos, coñeceremos que tipos de ciberacoso se dan con máis frecuencia, aprenderemos pautas para saber se unha persoa é vítima de violencia de xénero dixital e cando se debe telefonar ao 016. Parabéns polo traballo! Violencia de xénero dixital Neste videoclip realizado con pictogramas, o profesorado do CEIP Carballal ensínanos, cantando, a detectar a violencia de xénero. Violencia 0 A partir das conclusións da IV Conferencia Mundial da Organización de Nacións Unidas, o IES Maximino Romero de Lema de Baio redactou esta declaración de compromiso

👦👧👨👩 O mes da ciencia 👩👨👧👦

Imaxe
Ciencia en galego Desde que, no ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, novembro pasou a ser para todos nós o Mes da Ciencia. En consonancia con isto, desde hai once anos o profesorado de Galicia comezou a celebrar en novembro o Mes da Ciencia en Galego. O obxectivo desta conmemoración é o de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica. Como todos os anos,  Igaciencia  (Institución Galega de Ciencia) propón dedicarlle o Mes da Ciencia a dous científicos, un estranxeiro e outro galego. O científico estranxeiro deste ano é  Robert Koch , microbiólogo alemán, considerado un dos pais da bacterioloxia, que descubriu os bacilos da tuberculose e do cólera e foi premio Nobel de Medicina en 1905. Dado que a Asemblea das Nacións Unidas decidiu declarar 2020 "Ano internacional da sanidade vexetal", optouse por escoller como científico galego o profes

E no outono... COGUMELOS e CASTAÑAS!! 🍄🍯👅

Imaxe
 Gústavos ir de Magosto???   A quen non lle prestan unhas castañas quentiñas???   E o arrecendo do lume!!!???   Buaaa, que boas lembranzas cando nos podiamos xuntar ó pé dun magosto... pero todo chegará meus amig@s, todo chegará.    A miña proposta para este ano é a do magosto familiar, o magosto na casa, na compaña d@s pequen@s, ou pícar@s, como lles chaman por estas terras... E como o das castañas cadaquén amañará como poida, hoxe tráiovos aprendizaxe e entretenemento, todo en un, para compartir c@s cativ@s da casa.  Son unhas marabillosas unidades didácticas que conteñen manualidades e contos e dibuxos e... mirádeo, mirádeo, porque é espectacular o ben que traballaron estas escolas en colaboración: De verdade, é fantástico, e unha proposta ben entretida para desenvolver incluso en familia... Comprobádeo vós mesm@s!! Propostas para un Magosto con nen@s BOA DIVERSiÓN e que aprendades moito!!! 🙌🙆😹😸🙆🙌

Gala do libro en Galego 2020 🎷👑🎷

Imaxe
A gala do libro galego 2020 celebra a súa quinta edición en formato virtual co apoio da Xunta  O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe na rolda de prensa na que se deron a coñecer todos os detalles da cerimonia que recoñece obra de quince autores e autoras editada o pasado ano  Conducida por Quico Cadaval , poderase seguir o vindeiro sábado 21 de novembro, ás 12:00 horas , na canle de Youtube da propia Gala do Libro máis información en  Gala do Libro Galego 2020