Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2020

A árbore dos desexos 🎄

Imaxe
 Como ben sabedes, este ano non puidemos pór unha árbore dos desexos para adobiar a escola coma outros anos, pero nun ano aínda máis cheo de esperanza, se cabe,  o profesorado e persoal non docente da EOI de Ribadeo quixemos dar a benvida ó 2021 na compaña de tod@s vós.     Velaquí os nosos mellores desexos para o 2021! a continuación poderedes deixarnos os vosos   E agora, comparte o teu mellor desexo,  de xeito anónimo ou co teu nome, curso, lingua...  Pincha no botonciño rosa co + da esquina de abaixo a dereita e abrirache un espazo para facelo.   Podes situalo onde queiras (activa se queres a pantalla completa) , cambiar a cor de fondo, engadir arquivos de todo tipo, ...investiga e deixa voar a tua creatividade!  Cando remates, pincha fóra (en calquer punto do panel) e quedará publicado: moi doado, sen rexistros nin lerias! Tamén podes comentar nos desexos dos teus compañeiros e das túas compañeiras, sempre con cariño e respecto. ANÍMATE e PARTICIPA! collemos tod@s

E chega o Nadal.. chega o Apalpador!

Imaxe
Coñecedes o personaxe do Apalpador? Non?? Pois entrade porque isto vaivos interesar! Na montaña lucense, principalmente,  nos vales do Cebreiro, Courel, Louzara e Ancares , é onde pervive a figura dun carboeiro vello e rexo que apalpa a barriga dos nenos. Ata hai ben pouco case nada se sabía da figura deste ser mítico:  o Apalpador . Está sempre descrito coma un home grande, groso, barbudo e chega nas noites de Nadal e Fin de Ano. Pero non é Santa Claus ou Papa Noël. Tampouco ten nada que ver cos Reis Meigos, aínda que todos eles comparten un fin común: aledar aos máis pequenos da casa. Segundo a tradición, o Apalpador vive na montaña,  dedicado a facer carbón . É un xigante que usa boina, unha chaqueta vella e remendada, fuma en pipa e aliméntase con abruños salvaxes e da carne de xabaril que caza no monte. Esa é máis ou menos a imaxe que teñen del os máis vellos das comarcas de O Cebreiro, Courel, Louzara e, mesmo, Ancares, que lembran as historias que lles contaban os seus avós. Est