Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta ler

A Xunta e Renfe colaboran na homenaxe a Florencio Delgado co gallo do Día das Letras Galegas

Imaxe
Os trens de Servicio Público de Galicia destacarán nos repousacabezas a imaxe do autor valdeorrés. O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román González, e o presidente de Renfe, Isaías Táboas, asinan en Santiago de Compostela un acordo de colaboración para homenaxear a Florencio Delgado Gurriarán, autor ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. Máis información.

A Xunta ofrece un novo obradoiro gratuíto sobre a creación de personaxes de ficción para conmemorar o Día do Libro

Imaxe
A través da análise de textos da literatura galega, un total de 15 participantes coñecerán as ferramentas para mellorar a súa destreza da man do escritor Javier Peña O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participa na presentación do Obradoiro de creación de personaxes que ofrecerá a Xunta de Galicia co gallo do Día do Libro. Máis información.

Gústache ler?

Imaxe
Informámosvos de que o 1 de febreiro bota a andar a cuarta edición do Programa 21 días co galego e + da SXPL en diferentes centros de Galicia.  Animámosvos a que visitedes o seu blog:   https://blogs.xunta.gal/21diascogalegoemais/ para verdes os contidos e as actividades que se difunden e que vos poden ser de utilidade para seguir ou desenvolver o programa na escola.