Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2020

Achégase o Samaín!!! 💀👻👹 👻💀

Imaxe
Gústanvos estas datas?? sodes fieis seguidores/as desta "nova" tradición? ou a considerades unha moda absurda/pasaxeira? Gústavos a festa ou o que representa? quizás as dúas cousas? Que tradicións promoves na tua contorna? Deixádeme os vosos comentarios e reflexionemos xunt@s sobre o tema! A verdade é que a min, sexa o Sanxoan ou o Samaín gústanme polas datas nas que se celebran e o que simbolizan, ese cambio de estacións, de inicio dun novo periodo de recollemento (ou de expasión, no caso do Sanxoan), ese interludio que, no sentir popular, abre as portas entre os mundos.... E vós, como o vivides? E outra cousa... xa sabedes de onde provén esta festa? Segundo reza a galipedia: O Samaín en Galicia, é unha celebración estreitamente relacionada co  Día dos Fieis Defuntos  e co  Magosto , o herdeiro directo en Galicia destas festividades da  cultura atlántica  anterior á  romanización . Está baseada na tradición de tallar cabazas o día de Defuntos, que eran deixadas nos camiños

Ricardo Carvalho Calero

Imaxe
  Como ben sabedes, este ano a celebración das Letras Galegas foi adiado por mor da emerxencia sanitaria. Neste período a Real Academia da Lingua Galega está a celebrar un simposio sobre a figura de Ricardo Carvalho Calero, que é o escritor homenaxeado nesta edición do 2020. Dito simposio pódese seguir en directo no seguinte enlace: emisión en directo Simposio Ricardo Carvalho Calero   Nos seguintes enlaces podedes atopar máis información sobre este simposio e a figura do escritor https://nova.academia.gal/gl/letras-galegas/2020/ricardo-carballo-carvalho-calero   https://carvalho2020.gal/?lang=gl https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas   Déixovos tamén un par de videos divulgativos que agardo que vos gusten... podedes deixar os vosos comentarios! Peza de animación 2D e colaxe para conmemorar as letras galegas 2020 a Ricardo Carvalho Calero. enlace ó video Centro Estudos Galegos Universidade Nova de Lisboa enlace ó video

Benvid@s a tod@s o novo curso 2023-24!!

Imaxe
  Benvid@ ó BLOG do EDLG de Ribadeo! Nel poderás atopar: información sobre as actividades que desenvolverá o EDLG de Ribadeo ó longo do curso información sobre outras actividades da escola e, en especial, da BIBLIOTECA un espazo de comunicación e intercambio así como de participación en ditas actividades información e enlaces sobre as actividades desenvoltas por outros EDLGs do país e moooita outra información de interese, comentarios e opinións Para comunicarvos con nós e achegarnos as vosas suxestións e comentarios podedes facelo a través dos comentarios no propio blog ou ben escribíndonos a edlgribadeo@gmail.com E dende xa, arrincamos! Apetécevos acompañarnos? agardámosvos!  A coordinadora, María Concepción Díaz Fernández