Achégase o Samaín!!! 💀👻👹 👻💀


Gústanvos estas datas?? sodes fieis seguidores/as desta "nova" tradición? ou a considerades unha moda absurda/pasaxeira? Gústavos a festa ou o que representa? quizás as dúas cousas? Que tradicións promoves na tua contorna? Deixádeme os vosos comentarios e reflexionemos xunt@s sobre o tema!

A verdade é que a min, sexa o Sanxoan ou o Samaín gústanme polas datas nas que se celebran e o que simbolizan, ese cambio de estacións, de inicio dun novo periodo de recollemento (ou de expasión, no caso do Sanxoan), ese interludio que, no sentir popular, abre as portas entre os mundos.... E vós, como o vivides?

E outra cousa... xa sabedes de onde provén esta festa? Segundo reza a galipedia:

O Samaín en Galicia, é unha celebración estreitamente relacionada co Día dos Fieis Defuntos e co Magosto, o herdeiro directo en Galicia destas festividades da cultura atlántica anterior á romanización. Está baseada na tradición de tallar cabazas o día de Defuntos, que eran deixadas nos camiños para asustar ós viandantes.Tradicionalmente, tamén era habitual que a mesa non se recollese despois de cear, por se as ánimas dos defuntos acodían de visita durante a noite. Ademais, deixábase o lume aceso para que non pasasen frío. É unha festa asociada ó ciclo anual do sol que forma parte do Patrimonio Inmaterial de Galicia e o Norte de Portugal, e formou parte da candidatura á declaración da UNESCO do patrimonio inmaterial galego-portugués na candidatura multinacional "As tradicións orais galego-portuguesas".
Algunhas destas tradicións foron perseguidas e prohibidas pola Igrexa, como se pode constatar nas Constitucións Sinodais de 1541 do bispo de MondoñedoAntonio de Guevara:
Nos constó por la visita que el Día de Todos los Santos y al dia siguiente de difuntos andan todos los mozos de la feligresía a pedir por las puertas y les dan pan y carne y vino y freixós y pixóns y otras cosas, y que piden así los hijos de los ricos que los pobres; y por ser más este rito gentil que cristiano, ordenamos y mandamos que, de aquí en adelante, ningún mozo vaya aquellos dos días de puerta en puerta a pedir sino que el beneficiado el rector, el primiclero y otro que nombrare la feligresía pidan aquel pan y todo lo demás que les dieren lo repartan en la iglesia el dia de los finados entre los pobres y necesitados, so pena que el padre o la madre que enviaran a su hijo a pedir aquellos dias pague mil maravedís.

A súa recuperación e promoción comezou na década de 1990, en Cedeira, estendéndose por Galicia con actividades que involucran as escolas e asociacións culturais. Diversas localidades comezaron a recuperar as celebracións apoiadas pola recolleita de testemuños e documentos sobre as antigas tradicións locais asociadas ó Magosto. Hoxe en día é común atopala referenciada en diversas expresións culturais e festivas relacionadas con esa data. Existe un texto teatral, Indo para o Samaín, de Carlos Labraña e Sabela Labraña, e un álbum ilustrado, O noso Samaín de Loreta Birott Bermejo publicado por Editorial Galaxia no ano 2016, con obxectivos divulgativos entre os nenos. Ademais, existen outras publicacións dirixidas ós nenos protagonizadas por personaxes como Os Bolechas ou Os Barbanzóns. Asemade, a presenza do termo en Internet aumentou de maneira constante dende o comezo da década de 2010.

Queredes saber máis? invítovos a visitar a páxina do Samaín na Wikipedia

Invítovos tamén a ver as actividades que algúns centros educativos realizaron c@s pícar@s entorno a esta temática do terror... espero que vos gusten tanto coma a min! ó final atoparedes incluso un xogo interactivo pra xogar en familia e... disfrutade!

Se che presta, podes deixar a tua opinión nos comentarios!


A noite de Samaín é o título dun relato contado e gravado por alumnado de 5º e 6º de primaria do CPI A Picota de Mazaricos; o conto vén acompañado de fotografías e ilustracións que farán que todos e todas pasedes unha noite de Samaín tremendamente terrorífica.





"Se o Samaín queres desfrutar, os conxuros pondalianos terás que escoitar...": así comeza este vídeo no que recollen os conxuros cos que o alumnado de infantil e primaria do CEIP de Ponteceso quere escorrentar os espíritos e os demos tan presentes nestas datas.



CEIP Fernández Latorre (pincha no enlace)

Cada curso por estas datas, o EDLG do CEIP Fernández Latorre da Coruña convoca as familias para relataren historias de terror no centro. As restricións sanitarias impedirán este ano que iso sexa posible; porén, a actividade continúa nos fogares. Así o podemos comprobar neste simpático vídeo no que un alumno e súa nai nos contan Un pesadelo no meu armario. Parabéns aos dous por este entrañable agasallo! Pero non é o único... Se vos gustou, pulsade a frecha da dereita do video e accederedes a novas creacións!



XOGO do SAMAÍN!! (pincha no enlace)

Para aprendermos xogando sobre o Samaín, o EDLG do CEIP Froebel fainos chegar esta proposta interactiva realizada pola profesora Aitana Acuña Fariña. ESTÁ XENIAL!!!

Comentarios

Publicar un comentario