Abril literario 📕📖📗📘📙📚

Prezad@s alumn@s:

Neste mes de abril, no que se celebra o día Mundial do Libro, queremos facervos un par de propostas literarias: unha interna, breve e simple e outra externa, máis desfiante e complexa.

1ª/ o EDLG convídavos a participar na actividade conxunta "A Miña Avoa Sempre Dicía…" na que, coa colaboración do alumnado e da comunidade educativa en xeral, realizaremos unha escolma de refráns e expresións moi habituais na nosa cultura.

No seguinte taboleiro de Padlet, cadaquén poderá pendurar a súa achega e ler as dos demais. 
Amáis, pódese complementar co engadido (por parte do profesorado ou do alumnado) do equivalente en cada lingua de estudo da EOI, usade os comentarios das entradas.  

Só tes que pinchar no botón rosa (+) e abrirase un cadro onde deixar a tua aportación, podes acompañala dunha imaxe ou dun recurso audiovisual baixado de Internet ou do teu banco persoal... se nunca o usaches o Padlet: fedella! é moi intuitivo.

Non esquezades deixar un NOME+GRUPO+LINGUA, xa que
todas as persoas que participedes seredes agasalladas cun libro!
Hecho con PadletAgardamos a vosa participación!


2ª/ EDLG anímavos a participar no VI Concurso Balbino de Relatos: 

Edicións Fervenza e Técnicas & Gramaxe SL, coa conformidade da Fundación Xosé Neira Vilas e a colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a Deputación de Pontevedra e os concellos de Boqueixón, Silleda e Vila de Cruces convoca unha nova edición deste certame literario destinado a promover a literatura e a lingua galegas.

O prazo estipulado para remitir o relato ou conxunto de relatos presentados ao concurso finaliza o martes 30 de xuño de 2021. As narracións deberán cumprir unha serie de requisitos formais: estarán escritas en galego cunha extensión entre 100.000 e 180.000 caracteres e a súa temática estará vinculada co rural, co mar ou coa emigración.

O autor do relato premiado recibirá un cheque por valor de 1.500 euros e a publicación da obra por Edicións Fervenza.


 
 
Asemade lembrámosvos que o equipo da BIBLIOTECA desenvolverá ó longo deste mes a actividade "XEOGRAFÍAS LECTORAS" na que xunt@s faremos un percorrido por aqueles lugares nos que nos transportou nalgún momento un libro.
Participa co teu post-it nas mapas penduradas na entrada do centro, recibirás un agasallo!


 
Espero que vos gusten as nosas propostas e vos animedes a sacar a vosa vea literaria!

Comentarios