Letras Galegas 2022: Florencio Manuel Delgado Gurriarán



Extraordinario e completísimo material do Seminario Galán que, un ano máis, supera as expectativas que o profesorado galego ten depositadas neste grupo de traballo. Alén da cronobiografía ou do álbum de fotos de Florencio M. Delgado Gurriarán e das actividades axeitadas tamén para imprimir en papel (carteis, unidades didácticas, escolma de textos, cuestionario de preguntas, díptico, etc.), tamén nos ofrece actividades interactivas en liña (roscos de palabras, geniallys...), un vídeo sobre o escritor valdeorrés e ata unha fermosa canción orixinal inspirada no poema "A pandeirada".

Máis información. 1, 2, 3, 4, 5,  etc.





Comentarios