Concurso-exposición das Letras Galegas 2022

 

O colexio Virxe do Camiño de Rubiá álzase co premio do concurso-exposición das Letras Galegas 2022




O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, fai entrega do galardón na modalidade de Infantil e Primaria

A proposta gañadora ‘Florencio Delgado Gurriarán, poeta do agro’ destaca pola súa orixinalidade, a calidade estética e artística e a idoneidade das diversas técnicas e materiais empregados

Valentín García tamén se trasladou ao IES Cosme López, da Rúa, para presentar a exposición sobre ou autor homenaxeado no 17 de maio dirixida a centros de Educación Secundaria, FP e outras ensinanzas

Ambos os proxectos permiten realizar un percorrido polos momentos máis significativos da biografía e pola obra e a época do autor de Valdeorras.

Comentarios