Arranca en Santiago a V edición do festival de poesía ‘Alguén que respira!’ co apoio da Xunta

 

Esta cita, impulsada en colaboración co Concello de Santiago, ábrese o venres coa participación de Miren Agur Meabe, Ana Romaní, María Cabrera e Antonio Barahona
 

As entradas serán gratuítas poderán reservarse desde este venres e o programa completo da iniciativa poderá consultarse no Portal da Lingua Galega
 

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2022.- O festival de poesía Alguén que respira!, arranca este venres 18 a súa quinta edición co apoio da Xunta e recuperando o modelo de catro xornadas consecutivas dos seus inicios. Baixo o lema Corpos, disidencias, desexo, reunirá no Teatro Principal de Santiago a destacadas personalidades da poesía contemporánea. Así o anunciaron hoxe en rolda de prensa o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a concelleira de Acción Cultural do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, acompañados do escritor Antón Lopo, encargado da dirección do festival.


Máis información.

Comentarios