Netflix incorporará preto de 70 títulos en galego ao longo do ano coa colaboración da Xunta

 

A compañía estadounidense impulsa a presenza da lingua galega na plataforma de streaming mediante o subtitulado e a dobraxe dunha selección de títulos
Os subscritores de 190 países do mundo poderán acceder a series e películas en galego como ‘Emiliy en París’, ‘The Mother’, ‘Garra’, ‘Sandman’ ou ‘Pinocho’, entre outras
Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2022.- A plataforma de entretemento Netflix dá un paso máis para impulsar a presenza da lingua galega no seu servizo mediante o subtitulado dunha selección de series e películas internacionais e a dobraxe de varios títulos infantís e familiares. Esta iniciativa é posible despois de varias conversas que o Goberno galego mantivo cos representantes da compañía estadounidense en España na procura do obxectivo común de levar a lingua galega ata o mundo da televisión á carta.





Comentarios