Abril literario 📕📖📗📘📙📚
Prezad@s alumn@s: Neste mes de abril, no que se celebra o día Mundial do Libro , queremos facervos un par de propostas literarias : unha interna, breve e simple e outra externa, máis desfiante e complexa. 1ª/ o EDLG convídavos a participar na actividade conxunta "A Miña Avoa Sempre Dicía…" na que, coa colaboración do alumnado e da comunidade educativa en xeral, realizaremos unha escolma de refráns e expresións moi habituais na nosa cultura . No seguinte taboleiro de Padlet, cadaquén poderá pendurar a súa achega e ler as dos demais. Amáis, pódese complementar co engadido (por parte do profesorado ou do alumnado) do equivalente en cada lingua de estudo da EOI, usade os comentarios das entradas. Só tes que pinchar no botón rosa (+) e abrirase un cadro onde deixar a tua aportación, podes acompañala dunha imaxe ou dun recurso audiovisual baixado de Internet ou do teu banco persoal... se nunca o usaches o Padlet : fedella ! é moi intuitivo. Non esquezades d...