Publicacións

Horizon de Show, Muiñeira de chantada

Imaxe
  Horizon de Show - muiñeira de Chantada

Horizon The Show - O Nadal En Ti

Imaxe
Sabíades que a nosa compañeira Carla, de francés, está nun grupo! e ademáis teñen unha fantástica panxoliña que sacaron este nadal. Velaquí a tedes:  O Nadal En Ti  

Gústavos cantar? e as panxoliñas?

Imaxe
  Mirade o que atopei!

o nadal galego

Imaxe
  Hoxe sentiámonos festivos así que vos achegamos   O que debes saber das incribles tradicións do nadal galego   Tizón de Nadal Noiteboa Rito das Cédulas Os Trubincos Cantos de reis Panxoliñas As tempas As rondallas Noite das Trangalladas ou noite dos Cancelos E ti, coñecelas todas?

As principais personaxes do nadal no Estado Español

Imaxe
  Xa sei que moitos non coñeciades ao Apalpador, pero, coñecedes estas outrass persoaxes do nadal en España?  No Estado Español hai unha gran riqueza cultural en canto a persoaxes propios destas datas, coma: O Apalpador en Galiza O Olentzero en País Vasco e Navarra O Tió de Nadal en Catalunya e Aragón  O Anguleru en Asturies O Tientapanzas en Écija O Esteru en Cantabria ... Entra no enlace e anímate a coñecelas.

O apalpador

Imaxe
  Benquerida comunidade educativa, velaquí unha pequena entrada adicada ao Apalpador, ese xigante que dende os Ancares ven tamén a visitarnos nos días do Nadal. Cantos de vós coñecedes en profundidade ao carboeiro máis senlleiro do nadal galego? velaquí  a web do apalpador:  http://oapalpador.eu/category/o-apalpador/

"Bibopalula" a primeira serie musical de debuxos en galego

Imaxe
    Xa está aquí "Bibopalula" , a primeira serie musical de debuxos en galego. A serie, que reflicte o  talento de Galicia nos formatos de animación,  foi c reada por Andrés Mahía e Laura Mahía. a Televisión de Galicia emitiraa a través de xabarin.gal e da aplicación móbil do Xabarín. A  serie conta con 55 capítulos de 5 minutos na súa primeira temporada, co paporrubio Robin, o merlo Merli, a pega Pegui e o peto Carpin como protagonistas. Os catro forman a Banda do Bosque, grupo musical ao que se unen en cada episodio outros tantos paxaros, coas voces dalgunhas das actrices e actores máis coñecidos polo público do país (Melania Cruz, Marta Lado, Iria Lamas, Marita Martínez ou Xosé A. Touriñán). A serie, pensada para acompañar as primeiras miradas sobre o medio natural e destinada preferentemente a un público de entre 3 e 6 anos, trata os ciclos naturais do bosque, desde a chegada do inverno ata a das cegoñas, e ten na música un dos seus grandes valores, xa que ...

A Xunta iniciará este luns os trámites para declarar Ben de Interese Cultural a música e o baile tradicionais

Imaxe
  A música e o baile serán Ben de interese Cultural   O representante de Cultura da Xunta salienta que Galicia salda unha débeda cunha das manifestacións “máis senlleiras e significativas” do noso patrimonio cultural Pon en valor o “papel esencial” das agrupacións e formacións en ter mantido “vivo e prestixiado” este legado dos nosos devanceiros ata a actualidade Esta protección incluirá unha ampla relación de medidas de salvagarda para preservar axeitadamente esta herdanza cultural ás xeracións futuras Coa declaración BIC buscarase a creación dun arquivo audiovisual público en rede e introducir no ensino formal materiais didácticos que fomenten o seu coñecemento

Concurso-Exposición sobre As cantareiras e a poesía popular oral. Letras Galegas 2025

Imaxe
A Secretaría Xeral da Lingua e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa convocan o concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua das cantareiras e a poesía popular oral, as figuras homenaxeadas en 2025 no Día das Letras Galegas, e sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que viviron.  

presentación do festival ‘aRi(T)mar

Imaxe
A cita celébrase o 22 de novembro coa entrega do premio á mellor música do ano 2023 ao grupo De Ninghures Na categoría musical de Portugal é galardoado o grupo Os Quatro e Meia e, na de poesía, son recoñecidas Silvia Penas e Silvia Mota O Premio Especial do Xurado recae na Sociedade Cultural e Deportiva do Condado A cerimonia de entrega terá lugar no Auditorio de Galicia e a entrada será de balde ata completar a cabida. aRi(t)mar  

A Xunta reforza o seu compromiso co ensino do portugués

Imaxe
A Xunta reforza o seu compromiso co ensino do portugués tras cuadriplicar o número de alumnos en dez anos  

Concurso de curtas de animación en galego Nós tamén creamos!

Imaxe
  Convocatoria do concurso de curtas de animación en galego Nós tamén creamos! 2024/2025

A literatura fantástica en galego, exposición na Biblioteca de Galicia

Imaxe
      Literatura fantástica ,  A proposta, que se pode ver no Gaiás, forma parte da programación impulsada polo Goberno galego co gallo do Día das Bibliotecas.  O percorrido, con máis de 100 pezas bibliográficas e outros materiais, pode visitarse ata o mes de maio

Homenaxe a Ledicia Costas

Imaxe
A Xunta homenaxea a Ledicia Costas co Día das Escritoras como recoñecemento á súa difusión da lingua e literatura galegas dentro e fóra de Galicia  

Doantes de voz. E a ti, interesache?

Imaxe
  doantes de voz  

XXVI Encontros para a Normalización Lingüística

Imaxe
O Consello da Cultura Galega organiza, co apoio da Secretaría Xeral da Lingua, os XXVI Encontros para a Normalización Lingüística, que se van desenvolver o martes, 15 de outubro, na sede desta institución no pazo de Raxoi, en Santiago de Compostela. https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias?content=/Portal-Lingua/Contido/convocatoria/Formacion/convocatoria_0352.html&utm_source=news_gal&utm_medium=email&utm_campaign=boletin_lingua_gal

21ª edición o cinema galego

Imaxe
Curtocircuíto explora na súa 21ª edición o cinema galego máis singular e identitario co apoio da Xunta  

Probas Celga 2,3,4

Imaxe
  Probas Celga 2, 3 e 4. Convocatoria

Novidade. Club de lectura en lingua galega.

Imaxe
Quen quere participar? As datas están por confirmar, pero xa hai libros dispoñibles na biblioteca. Pásate a polo teu exemplar!    

Concurso de Samaín na EOI de Ribadeo. Animádevos a participar.

Imaxe