A Xunta iniciará este luns os trámites para declarar Ben de Interese Cultural a música e o baile tradicionais

O representante de Cultura da Xunta salienta que Galicia salda unha débeda cunha das manifestacións “máis senlleiras e significativas” do noso patrimonio cultural

Pon en valor o “papel esencial” das agrupacións e formacións en ter mantido “vivo e prestixiado” este legado dos nosos devanceiros ata a actualidade

Esta protección incluirá unha ampla relación de medidas de salvagarda para preservar axeitadamente esta herdanza cultural ás xeracións futuras

Coa declaración BIC buscarase a creación dun arquivo audiovisual público en rede e introducir no ensino formal materiais didácticos que fomenten o seu coñecemento

Comentarios