Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2025

As cantareiras na primaveira das letras

Imaxe
 https://primaveradasletras.gal/  

Letras Galegas 2025. AS CANTAREIRAS E A POESÍA POPULAR ORAL

Imaxe
   --   A Real Academia Galega (RAG) acordou dedicarlles o Día das Letras Galegas 2025 a sete cantareiras e, a través delas, á poesía popular galega que elas interpretaban. Deste xeito, a Academia recoñece o papel das mulleres na creación e na transmisión literaria, así como o valor da lírica oral, esa que é anónima, que pertence á comunidade e que se aprende escoitando, cantando, traballando, divertíndose... en fin, vivindo nela.    

Club de lectura. Lucía Ferro, Resaibo Amargo

Imaxe
  'Resaibo amargo' (2021), a primeira novela da escritora galega Lucía Ferro, combina crítica social, introspección persoal e unha ollada que escudriña as dinámicas laborais e sanitarias de hoxe. A protagonista, Mariana —xornalista coruñesa esgotada pola súa profesión e a inestabilidade da súa relación amorosa con Elena—, é a base de construción dun relato sobre a resistencia física e emocional ante sistemas que oprimen persoal e socialmente. A autora, cunha traxectoria vital marcada pola emigración e experiencia no sector sanitario (traballou como enfermeira no Reino Unido e Países Baixos), impregna a historia dun realismo cru que invita á reflexión. O centro: saúde, precariedade e resistencia A novela explora a relación entre a saúde individual e as presións sistémicas. Mariana, cun corpo que lle lanza "un ultimatum" por mor do estrés laboral e emocional, é expoñente da crise dunha xeración atrapada entre as expectativas profesionais e a autoexplotación. A sú...

XXXV Edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas

Imaxe
Os cursos de verán de lingua e cultura galegas , destinados a persoas de fóra de Galicia, terán lugar en Santiago de Compostela do 3 ao 24 de xullo de 2025. Para inscribirse nos cursos unicamente se require ter cumpridos 18 anos e enviar a ficha de inscrición á secretaría dos cursos. O prazo para a recepción das solicitudes remata o 4 de abril de 2025. A preinscrición quedará formalizada cando a persoa solicitante reciba un correo electrónico como xustificante de recepción.  

A Xunta ofrece por primeira vez cursos de galego no Instituto Cervantes de Nova York

Imaxe
  A proposta   enmárcase no paquete de medidas deseñadas para o impulso do idioma no marco do Pacto pola Lingua, que inclúe a súa proxección fóra de Galicia  Con esta iniciativa, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude pretende achegar as persoas participantes tanto á fala como á cultura galega Destaca que con esta iniciativa “non só expandimos e ampliamos o coñecemento da nosa lingua, tamén é unha maneira de darlle prestixio”