XXXV Edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas
A Secretaría Xeral da Lingua, a Real Academia Galega, o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago e a Deputación da Coruña organizan unha nova edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas.
Os cursos de verán de lingua e cultura galegas, destinados a persoas de fóra de Galicia, terán lugar en Santiago de Compostela do 3 ao 24 de xullo de 2025.
Para inscribirse nos cursos unicamente se require ter cumpridos 18 anos e enviar a ficha de inscrición á secretaría dos cursos. O prazo para a recepción das solicitudes remata o 4 de abril de 2025. A preinscrición quedará formalizada cando a persoa solicitante reciba un correo electrónico como xustificante de recepción.
Comentarios
Publicar un comentario