
Publicacións
Mostrando publicacións desta data: marzo, 2025
XXXV Edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
A Secretaría Xeral da Lingua, a Real Academia Galega, o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago e a Deputación da Coruña organizan unha nova edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas. Os cursos de verán de lingua e cultura galegas, destinados a persoas de fóra de Galicia, terán lugar en Santiago de Compostela do 3 ao 24 de xullo de 2025. Para inscribirse nos cursos unicamente se require ter cumpridos 18 anos e enviar a ficha de inscrición á secretaría dos cursos. O prazo para a recepción das solicitudes remata o 4 de abril de 2025. A preinscrición quedará formalizada cando a persoa solicitante reciba un correo electrónico como xustificante de recepción.
Club de lectura en lingua galega
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións

A Xunta convoca as probas para obter os certificados de lingua galega Celga nos seus catro niveis
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
- Os exames realizaranse en maio de forma presencial en Santiago de Compostela, Ponferrada e, tras máis dunha década, volverán a facerse tamén en Madrid O prazo de solicitudes estará aberto desde o luns ata o vindeiro 28 de marzo As datas concretas, así como as sedes e horarios de realización das probas, publicaranse máis adiante no Diario Oficial de Galicia e no Portal da Lingua Galega
Valentín García pon en valor a internacionalización das letras galegas a través da poesía
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
. Valentín García pon en valor a internacionalización das letras galegas a través da poesía. O secretario xeral da Lingua presentou a VIII edición do festival ‘Alguén que respira!’ impulsado co apoio da Xunta de Galicia O certame desenvolverase na capital galega do 20 ao 22 de marzo e reunirá a máis de 40 figuras culturais como Miriam Reyes, Ailbhe ní Ghearbhuigh, Sammer Abu Hawwash, Mohamad Bitari ou Xosé María Álvarez Cáccamo, autor do manifesto Inclúe a entrega dos premios de poesía para estudantado galego, que recaeron en Santiago Ferreiroa, Vítor Augusto Ramos, Ainara Fernández e Iris Abril Teijeira
Teatro comunitario ‘Fábrica de fume’ inspirado na historia de Sargadelos
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións

O Centro Dramático galego coproduce o espectáculo de teatro comunitario ‘Fábrica de fume’ inspirado na historia de Sargadelos. Con dirección e dramaturxia de Celina Fernández Ponte e Ana Fontenla, poderá verse no Salón Teatro os domingos 16, 23 e 30 de marzo en sesión matinal gratuíta A interpretación corre a cargo de 18 actores e actrices da Federación Galega de Teatro Afeccionado e o vestiario e caracterización son obra do alumnado do CIFP Paseo das Pontes da Coruña e do Instituto A Pinguela de Monforte de Lemos