Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2024

A Xunta iniciará este luns os trámites para declarar Ben de Interese Cultural a música e o baile tradicionais

Imaxe
  A música e o baile serán Ben de interese Cultural   O representante de Cultura da Xunta salienta que Galicia salda unha débeda cunha das manifestacións “máis senlleiras e significativas” do noso patrimonio cultural Pon en valor o “papel esencial” das agrupacións e formacións en ter mantido “vivo e prestixiado” este legado dos nosos devanceiros ata a actualidade Esta protección incluirá unha ampla relación de medidas de salvagarda para preservar axeitadamente esta herdanza cultural ás xeracións futuras Coa declaración BIC buscarase a creación dun arquivo audiovisual público en rede e introducir no ensino formal materiais didácticos que fomenten o seu coñecemento

Concurso-Exposición sobre As cantareiras e a poesía popular oral. Letras Galegas 2025

Imaxe
A Secretaría Xeral da Lingua e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa convocan o concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua das cantareiras e a poesía popular oral, as figuras homenaxeadas en 2025 no Día das Letras Galegas, e sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que viviron.  

presentación do festival ‘aRi(T)mar

Imaxe
A cita celébrase o 22 de novembro coa entrega do premio á mellor música do ano 2023 ao grupo De Ninghures Na categoría musical de Portugal é galardoado o grupo Os Quatro e Meia e, na de poesía, son recoñecidas Silvia Penas e Silvia Mota O Premio Especial do Xurado recae na Sociedade Cultural e Deportiva do Condado A cerimonia de entrega terá lugar no Auditorio de Galicia e a entrada será de balde ata completar a cabida. aRi(t)mar  

A Xunta reforza o seu compromiso co ensino do portugués

Imaxe
A Xunta reforza o seu compromiso co ensino do portugués tras cuadriplicar o número de alumnos en dez anos  

Concurso de curtas de animación en galego Nós tamén creamos!

Imaxe
  Convocatoria do concurso de curtas de animación en galego Nós tamén creamos! 2024/2025

A literatura fantástica en galego, exposición na Biblioteca de Galicia

Imaxe
      Literatura fantástica ,  A proposta, que se pode ver no Gaiás, forma parte da programación impulsada polo Goberno galego co gallo do Día das Bibliotecas.  O percorrido, con máis de 100 pezas bibliográficas e outros materiais, pode visitarse ata o mes de maio