17 de maio: Día das Letras Galegas
Como ben sabedes, este ano o Día das Letras Galegas està adicado a Xela Arias, pero:
quen foi? que sabedes dela? coñecedes a súa obra?
Propoñémosvos unha viaxe pola súa vida e obra a través de diversos videos, xogos e outros recursos multimedia que vos amosarán dun xeito ameno o seu legado. Empecemos por este breve video presentado por Pablo Rodríguez Vila:
Ou esta presentación sobre a súa figura que preparou o CEIP Xesús San Luís Romero:
Ou se queredes, podedes coñecer dun xeito lúdico parte da súa obra a traves destas presentacións interactivas que prepararon os EDLG de diferentes CEIP e, de paso, poñedes a proba o voso galego;)
Ánimo, que isto non fixo máis ca empezar!
premede na frecha da esquina dereita de embaixo, se non a vedes agrandade a imaxe nos puntiños...
Entón... estavos prestando? pois aínda temos moito máis que ofrecervos! Por exemplo, estes simpáticos podcasts da Radio
o Millafaladoiro na que o alumnado do IES do Milladoiro de Ames
agasállannos cunha entrevista á "mesmísima" Xela Arias que nos desvelará
detalles da súa vida. Amáis de escoitar os seus testemuños, tamén
poderemos escoitar algúns dos poemas máis representativos da autora
sarriá.
Mais a verdadeira voz de Xela Arias escóitase na seguinte serie recitando os seus versos nas gravacións cedidas polo músico Fernando Abreu, con quen a poeta preparaba un espectáculo poético-musical no momento do seu pasamento en novembro de 2003.
Pois se aínda queredes máis, a Secretaría Xeral de Política Lingüística colaborou coa Real Academia Galega nunha homenaxe audiovisual colectiva que presenta testemuños de persoas que coñeceron a Xela Arias xunto a novas olladas e recitados dos seus escritos de académicos e académicas, persoeiros do mundo da cultura, mozos e mozas e cidadáns e cidadás de distintos perfís profesionais. Podedes gozar dela premendo en:
Agardamos que disfrutárades de todo este material e aprenderades moito sobre Xela Arias porque agora vai tocar pórse á proba...
Vémonos na vindeira entrada!
Comentarios
Publicar un comentario