E chegou o Entroido!!!

Aínda que este ano non o vaiamos celebrar, dende a EOI queremos dar o noso espazo a unha das festas con maior tradición no noso país: o Entroido

Como celebras ti o Entroido? 

Gústache disfrazarte? 

Cal é a tradición no teu pobo?

Déixanos os teus comentarios!


E para que poidades festexar virtualmente, argallamos un mapa interactivo cos principais Entroidos de Galicia

se pensas que falta algún... non deixes de comunicárnolo!

 

 

 

 se queres que engadamos algún outro Entroido ou datos que non aparecen, podes escribirnos a edlgribadeo@gmail.com

 


 

E canto sabes ti do Entroido? Canto aprendiches co noso mapa? 

Ponte a proba con este estupendo xogo de "Pasapalabra" que o O EDLG do IES Afonso X O Sabio de Cambre comparte connosco: graciñas, é fantástico!!


 

E queres saber cando cae o Entroido nos vindeiros anos?

Pois aqui tes un calendario para esta década!


 

E para rematar déixovos con esta marabillosa e orixinal canción coa que nos agasalla o EDLG do CEIP Juan Fernández la Torre:

"Entroido" de Antonio Luz 


 

Espero que vos resultara interesante! non deixedes de comentar e dar o voso parecer...

BO ENTROIDO!!

Comentarios