25 de Novembro: día contra a violencia de xénero
Seguro que xa estades ó tanto de que hoxe conmemórase o día contra a violencia de xénero e, como tal, moit@s compañeir@s realizan actividades nos propio centros co seu alumnado. Velaiquí unha escolma dalgunha das propostas con esta temática... Qué ben traballan @s nos@s rapazas e rapaces, espero que vos gusten tanto coma a min! Nesta interesante presentación de Victoria Santos Bernárdez, alumna de 2º de bacharelato do IES Francisco Aguiar de Betanzos, coñeceremos que tipos de ciberacoso se dan con máis frecuencia, aprenderemos pautas para saber se unha persoa é vítima de violencia de xénero dixital e cando se debe telefonar ao 016. Parabéns polo traballo! Violencia de xénero dixital Neste videoclip realizado con pictogramas, o profesorado do CEIP Carballal ensínanos, cantando, a detectar a violencia de xénero. Violencia 0 A partir das conclusións da IV Conferencia Mundial da Organización de Nacións Unidas, o IES Maximino Romero de Lema de Baio redactou esta declaración...