Achégase o Samaín!!! 💀👻👹 👻💀
Gústanvos estas datas?? sodes fieis seguidores/as desta "nova" tradición? ou a considerades unha moda absurda/pasaxeira? Gústavos a festa ou o que representa? quizás as dúas cousas? Que tradicións promoves na tua contorna? Deixádeme os vosos comentarios e reflexionemos xunt@s sobre o tema! A verdade é que a min, sexa o Sanxoan ou o Samaín gústanme polas datas nas que se celebran e o que simbolizan, ese cambio de estacións, de inicio dun novo periodo de recollemento (ou de expasión, no caso do Sanxoan), ese interludio que, no sentir popular, abre as portas entre os mundos.... E vós, como o vivides? E outra cousa... xa sabedes de onde provén esta festa? Segundo reza a galipedia: O Samaín en Galicia, é unha celebración estreitamente relacionada co Día dos Fieis Defuntos e co Magosto , o herdeiro directo en Galicia destas festividades da cultura atlántica anterior á romanización . Está baseada na tradición de tallar cabazas o día de Defuntos, que eran de...