Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2025

Adeus a César Lombera, escultor de As dúas Marías da Alameda de Santiago ou o Marques de Sargadelos en Ribadeo

Imaxe
Falece en Arousa aos 72 anos o escultor César Lombera .  Unha das súas obras máis icónicas é a das irmás Fandiño,   As dúas Marías , situada na Alameda de Santiago. Tamén son coñecidas a estatua de  Valle-Inclán,  da praza Méndez Núñez de Pontevedra, e a do  Marqués de Sargadelos  en Ribadeo.

As nevaradas permiten a apertura de Manzaneda este venres con 14,5 quilómetros esquiables e 19 pistas

Imaxe
    As nevaradas e o frío da última semana permitiron que a estación ourensá bote a funcionar por primeira vez na campaña. A estación de Manzaneda abrirá as súas portas este venres con 14,5 quilómetros esquiables, 19 pistas dispoñibles e catro remontes para a primeira xornada que se ampliarán a cinco na fin de semana.

A Xunta lanza a primeira convocatoria de 2025 para apoiar o libro e a lectura

Imaxe
  Xa está dispoñible no Diario Oficial de Galicia a orde para o programa ‘Ler conta moito’, que no último ano impulsou máis de 600 actividades A  liña,   dotada   con   195.000€,   está   dirixida   a   colaborar   cos   concellos   na   programación   de   iniciativas   de   dinamización   da   lectura. O   catálogo   de   propostas   publicarase   o   vindeiro   mes   e   incluirá   iniciativas   como   obradoiros,   contacontos,   exposicións   ou   charlas.

A Xunta ofrecerá en 2025 cursos de lingua para sanitarios

Imaxe
  A Xunta ofrecerá en 2025 cursos de lingua para sanitarios co fin de incrementar o seu uso e mellorar a atención a pacientes. As actividades formativas estarán especialmente deseñadas para persoal sanitario e potenciaranse coa concesión dun punto na carreira profesional A batería de propostas inclúe tamén a revisión da documentación para que estea asegurada a oferta en galego ou o envío de circulares a todo o persoal

XXIX Edición do Premio de Poesía Avelina Valladares

Imaxe
  O Concello da Estrada convoca a XXIX Edición do Premio de Poesía Avelina Valladares co obxectivo de promover o traballo de novos autores e autoras no eido da poesía. O  prazo  de presentación de orixinais remata o  31 de xaneiro de 2025. bases do concurso

A Residencia Literaria da Xunta na Cidade da Cultura propicia o debut na narrativa galega de dúas das súas participantes

Imaxe
  Ana Varela + Sara Guerrero A naro nesa Ana Varela publica ‘Runrún’ coa Editorial Galaxia, unha narración de corte social ambientada en Ferrol sobre a saúde mental e os coidados A mexicana Sara Guerrero conta en ‘Eu son o monte’ (EuSeino? Editores) a historia dunha xeración proveniente de emigrantes en América que volve á aldea galega  O programa de apoio á creación literaria impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude no Gaiás suma xa catro edicións con medio cento de autores

A Xunta aumenta un 29 % as axudas a proxectos para fomentar o galego no ensino preuniversitario

Imaxe
  A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destinará preto de 500.000€ a actividades que permitan dinamizar o uso da lingua en actividade extraescolares Priorizaranse os proxectos con tecnoloxías da información e da comunicación, a creación de páxinas web, blogs e Redes Sociais e programas de radio ou televisión

.

Imaxe