Xa está aquí "Bibopalula" , a primeira serie musical de debuxos en galego. A serie, que reflicte o talento de Galicia nos formatos de animación, foi c reada por Andrés Mahía e Laura Mahía. a Televisión de Galicia emitiraa a través de xabarin.gal e da aplicación móbil do Xabarín. A serie conta con 55 capítulos de 5 minutos na súa primeira temporada, co paporrubio Robin, o merlo Merli, a pega Pegui e o peto Carpin como protagonistas. Os catro forman a Banda do Bosque, grupo musical ao que se unen en cada episodio outros tantos paxaros, coas voces dalgunhas das actrices e actores máis coñecidos polo público do país (Melania Cruz, Marta Lado, Iria Lamas, Marita Martínez ou Xosé A. Touriñán). A serie, pensada para acompañar as primeiras miradas sobre o medio natural e destinada preferentemente a un público de entre 3 e 6 anos, trata os ciclos naturais do bosque, desde a chegada do inverno ata a das cegoñas, e ten na música un dos seus grandes valores, xa que ...