A árbore dos desexos 🎄
Como ben sabedes, este ano non puidemos pór unha árbore dos desexos para adobiar a escola coma outros anos, pero nun ano aínda máis cheo de esperanza, se cabe, o profesorado e persoal non docente da EOI de Ribadeo quixemos dar a benvida ó 2021 na compaña de tod@s vós. Velaquí os nosos mellores desexos para o 2021! a continuación poderedes deixarnos os vosos E agora, comparte o teu mellor desexo, de xeito anónimo ou co teu nome, curso, lingua... Pincha no botonciño rosa co + da esquina de abaixo a dereita e abrirache un espazo para facelo. Podes situalo onde queiras (activa se queres a pantalla completa) , cambiar a cor de fondo, engadir arquivos de todo tipo, ...investiga e deixa voar a tua creatividade! Cando remates, pincha fóra (en calquer punto do panel) e quedará publicado: moi doado, sen rexistros nin lerias! Tamén podes comentar nos desexos dos teus compañeiros e das túas compañeiras, sempre con cariño e respecto...